We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

A Procesi​ó​n das Bestas

from A Procesi​ó​n das Bestas by Magical Colors

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

lyrics

A PROCESIÓN DAS BESTAS

Cando xa non quede nada
E teñamos que marchar
Lembra que unha vez fomos quen de ser
Xente libre e xenerosa

Viñeron tempos de fame e rancor
Tra-los festíns da ostentación
Caeron conxuros de desolación
E a Terra enteira encheuse de dor

Mouchos, curuxas
Sapos e bruxas
Saíron xuntos das súas mansións
Berraron forte
Clamando ao ceo
Invocando a forza da sen razón

Pero nunca poderán berrar por nós
Temos a resistencia do perdedor

A morte non respectou a ninguén
Por unha vez calquera puido caer
Mais os herdeiros da terra e da fe
Da man do demo non podían perder

Invocaron xuntos
O apocalipse
Sen decatarse que tamén era o seu

Como alimañas
Buscando sangue
Coa que aplacar a ira do seu deus

Mais o medo nunca poderá con nós
Sempre que caemos nos erguemos
Sempre que caemos nos erguemos
Sempre que caemos nos erguemos

E saen en procesión
“en nombre de Dios”
Arden as cruces brillando ao solpor
Pretenden eclipsar o sol

O mundo xira e vai seguir igual
Ningún feitizo o vai facer parar
O tempo das bestas rematará
E os sabios algún día rexirán

Será máis forte
O coñecemento
Que a maxia negra do odio animal
Será a beleza
E a humanidade
As bases dun mundo mellor do que hai

Algún día podería ser que si.

Algún día podería ser que
Algún día podería ser que
Nós non o veremos pero chegará.

credits

from A Procesi​ó​n das Bestas, released August 24, 2022

license

tags

about

Magical Colors Vilalba, Spain

Magical Colors está formada polos ex-Moondogs Blues Party, Marcos Maoxu (teclados, coros) e Javi Campello (voces, guitarras), xunto a Alberto Guntín (voces, batería) e está radicada en Vilalba (Lugo).

A banda compón indistintamente en galego, castelán e inglés sen corsés estilísticos e cunha total liberdade creativa inspirada na música dos anos 60 e 70.
... more

contact / help

Contact Magical Colors

Streaming and
Download help

Report this track or account

If you like Magical Colors, you may also like: